Thursday 19 de September de 2024

O tecor societario de Ordes aproba a súa adhesión ao da parroquia de Ardemil


Óscar Raña renovou como presidente da sociedade nunha xuntanza á que asistiron preto de 200 membros

Arredor de 200 cazadores pertencentes á Sociedade de Cazadores de Ordes confirmaron a adhesión do tecor societario de Ordes ao da parroquia de Ardemil. Unha medida que unicamente depende xa da decisión dos membros de Ardemil, aínda que todo apunta a que será unha realidade en breve se se ten en conta o clamor xeneralizado por parte dos afeccionados á cinexética para adoptar esta medida. Isto traduciríase nunha ampliación considerable do espazo autorizado para practicar a caza, o cal se aproximaría aos 11.000 metros cadrados.
Dende hai algún tempo a idea por parte de moitos é constituír un único coto incluíndo todas as parroquias do municipio ordense. A día de hoxe tan só catro delas están de xeito independente: Barbeiros, Vilamaior, Leira e Lesta.
Na orde do día tamén se incluía a elección do presidente da Sociedade de Cazadores de Ordes, renovando no cargo novamente por outros catro anos a Óscar Raña.